5 de junio · 0 comentarios
Saúdos a todos!
Desde o amencer ata o anoitecer, cada momento está cheo de emoción e diversión.O campamento comeza a cobrar vida co tentador aroma do almorzo. É o momento perfecto para espertar os seus sentidos e prepararse para un día cheo de aventuras.
Na primeira actividade do día encheron un caderno de actividades xunto aos seus monitores, despues continuaron co proxecto do grupo, facendo vídeos e retocando o que fixeron o dia anterior. Na segunda metade tiveron que crear outfits con retales e obxectos, dándolles un novo uso. Para finalizar tiveron un desfile final para que todos puidesen ver as creacións.
Despois dunha boa comida, tiveron unha tarde de «praia» para poder levar mellor a calor. Pasáronllo moi ben e gozaron moito o poder refrescarse. Coa posta de sol, os estudantes se turnan para ingresar ao comedor para gozar dunha merecida cea. É o momento perfecto para compartir historias, rir con amigos e recargar pilas..
A medida que o día chega ao seu fin, chega a última actividade do día, karaoke!!. Foi moi divertido, cantaron sen parar e terminaron derrotados. Así que chegou o momento de descansar para ver que nos deparaba o seguinte día.






