logotipo interway

Spring Week: Welcome to Mondariz

13 de mayo · 0 comentarios

O primeiro día do noso chegada á Spring Week foi unha explosión de enerxía e emoción.
Tras chegar pola tarde, o primeiro que fixemos foi un circuíto polo recinto para coñecer as instalacións coas que conta este marabilloso lugar.

Tras isto mergullámonos nun dos momentos máis cruciais: a asignación de habitacións! Que serían as que se converterían no noso pequeno fogar durante esta semana.

Despois dunha deliciosa cea, falamos sobre as normas do campamento e os horarios do mesmo. Tamén tivemos a oportunidade de reunirnos cos nosos monitores para a estancia.

É sorprendente como, a pesar de proceder de diferentes partes de Galicia, todos compartimos un interese común por aprender inglés e gozar desta experiencia única. O noso programa está cheo de actividades interesantes para mellorar o noso inglés e para seguir fortalecendo os nosos lazos mentres facemos novos amigos e creamos recordos inesquecibles

Busca en nuestro blog

Únete a la comunidad Interway

Suscríbete a nuestra NewsLetter

Suscribirse