logotipo interway

Spring Week Day 3: A new day in Mondariz!

8 de mayo · 0 comentarios

Saúdos a todos!


Desde o amencer ata o anoitecer, cada momento está cheo de emoción e diversión.
O campamento comeza a cobrar vida co tentador aroma do almorzo. É o momento perfecto para espertar os seus sentidos e prepararse para un día cheo de aventuras. Na primeira actividade do día encheron un caderno de actividades xunto aos seus monitores, despues continuaron co proxecto do grupo, facendo vídeos e retocando o que fixeron o dia anterior.

Na segunda metade da mañátiveron unha actividade na que o alumnado tiña que facer manualidades con cousas que xa non serven, dando un novo uso a obxectos como envases de plástico, rolos de papel… Pasárono moi ben e fixeron cousas súper orixinais, como podedes ver no fotos!


Despois dunha boa comida, comezarían as actividades, montar dacabalo, voley praia, un paseo ata chegar á praia… chea de actvividades divertidas. Coa posta de sol, os estudantes se turnan para ingresar ao comedor para gozar dunha merecida cea. É o momento perfecto para compartir historias, rir con amigos e recargar pilas.


A medida que o día chega ao seu fin, chega a última actividade do día. Foi unha noite de furor. Foi moi divertido, cantaron sen parar e terminaron derrotados. Así que chegou o momento de descansar para ver que nos deparaba o seguinte día.

Busca en nuestro blog

Únete a la comunidad Interway

Suscríbete a nuestra NewsLetter

Suscribirse