logotipo interway

Spring Week Day 3: A new day in Mondariz!

1 de mayo · 0 comentarios

Ola outro día máis!

O día de hoxe tamén foi moi divertido e cheo de experiencias.Comezamos como todos os días e o primeiro que fixemos foi a coller forzas no almorzo.

A  mañá se dividio en dous partes. Durante a primeira parte da mañá os alumnos comezaron co seu proxecto de grupo acerca da sustentabilidade que terán que expoñer diante de todos o venres. Na segunda metade tiveron que crear outfits con retales e obxectos, dándolles un novo uso. Para finalizar tiveron un desfile final para que todos puidesen ver as creacións.

Despois de repoñer forzas, continuaron con actividades de aventura ao aire libre, podendo gozar da fermosa paisaxe que nos rodea ademais de coñecernos cada vez máis e compartir experiencias xuntos.

Por último despois de cear tiveron a actividade de noite, o furor. Trátase dun xogo acerca de cancións, foi moi divertido, os alumnos deixáronse a voz e a enerxía que quedaba. Pasáronllo moi ben. Acabaron ou día K.O. e con moitas ganas de coñecer que aventuras lles depararía ou día seguinte.

Busca en nuestro blog

Únete a la comunidad Interway

Suscríbete a nuestra NewsLetter

Suscribirse