22 de abril · 0 comentarios
Boas boas! Onte foi un día emocionante cheo de actividades ao aire libre aquí na semana de primavera. Desde o momento en que o sol apareceu no horizonte, o programa cobrou vida e os estudantes estaban listos para mergullarse nun día cheo de diversión e aventura.
Comezamos a mañá cun revitalizante almorzo, onde compartiron as súas expectativas e emocións para o día que vén. Coa enerxía lista, comezamos coa primeira actividade do día. Ir dando un agradable paseo ata Mondariz, gozando do aire libre e da natureza que rodea este lugar.
Pola tarde, logo dun merecido xantar para repoñer enerxías, preparáronse para as actividades da tarde. Na primeira parte comezaron o seu proxecto de grupo acerca da sustentabilidade que terán que expoñer o venres. Na segunda tarde os estudantes tiveron unha ampla variedade de actividades, desde plantar flores ata paseos dacabalo. Os estudantes demostraron as súas habilidades en cada desafío que se les presentou.
Ao final do día, entre risas e momentos de compartir, gozamos dunha gran cea. Co estómago contento e despois de realizar algunhas actividades moi divertidas, chega a hora de deitarse para descansar e recargar enerxías para as aventuras do día seguinte.




