12 de junio · 0 comentarios
Saúdos a todos!
Desde o amencer ata o anoitecer, cada momento está cheo de emoción e diversión.O campamento comeza a cobrar vida co tentador aroma do almorzo. É o momento perfecto para espertar os seus sentidos e prepararse para un día cheo de aventuras.
Na primeira actividade do día encheron un caderno de actividades xunto aos seus monitores, despues continuaron co proxecto do grupo, facendo vídeos e retocando o que fixeron o dia anterior. Na segunda metade tiveron que crear outfits con retales e obxectos, dándolles un novo uso. Para finalizar tiveron un desfile final para que todos puidesen ver as creacións.
Despois dunha boa comida, comezaron as actividades, montar dacabalo, just dance… unha tarde chea de actvividades divertidas. Coa posta de sol, os estudantes se turnan para ingresar ao comedor para gozar dunha merecida cea. É o momento perfecto para compartir historias, rir con amigos e recargar pilas..
A medida que o día chega ao seu fin, chega a última actividade do día. Foi moi divertido, cantaron sen parar e terminaron derrotados. Así que chegou o momento de descansar para ver que nos deparaba o seguinte día.











